martes, 25 de abril de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR 2017: SORTEOS

Hoxe realizáronse os sorteos para a gran cita lectora que se levará a cabo mañá, mércores, durante a hora de ler. Os nenos e nenas de E. Infantil e o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria recibiron nas súas aulas aos padriños e madriñas que os acompañarán un ano máis nunha aventura chea de emocións que permanecerán nos nosos corazóns ao longo do tempo. Así, un pouco nerviosos pola responsabilidade, os nenos e nenas de CUARTO visitaron coas súas preciosas tarxetas aos compañeir@s de PRIMEIRO para proceder, como vén sendo habitual, ao sorteo de afillad@s, aos que se presentaron individualmente dun xeito moi agarimoso:
Ver máis FOTOS AQUÍ


O nenos e nenas de TERCEIRO DE EP visitaron a aula de SEGUNDO DE EP:
Ver máis FOTOS AQUÍ
E por último, o alumnado de QUINTO e SEXTO de EP visitaron as aulas de E. INFANTIL:






Ver máis fotos AQUÍ
FOI FANTÁSTICO!!! PARABÉNS A TOD@S!!! VÉMONOS MAÑÁ!!!

martes, 18 de abril de 2017

PRÓXIMO ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

O próximo día 20 o alumnado de terceiro de Primaria recibirá a visita de María Canosa, autora do libro que están lendo e traballando, RUBICUNDO. Seguro que será un encontro moi interesante!!Estaremos pendentes para que nos contedes os detalles!!

lunes, 3 de abril de 2017

ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ

Así de contentos e entusiasmad@s estaban hoxe os nenos e nenas de PRIMEIRO de EP durante a visita do escritor ourensán IAGO LÓPEZ:

Fonte: http://ocurrunchodoprimeirociclo.blogspot.com.es/