viernes, 24 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA: 8ª EDICIÓN!!!

A VOLTA AO MUNDO COA POESÍA foi o título que acolleu a SEMANA DA POESÍA, que rematou este venres cos recitados dos nenos e nenas de E. Infantil, despois de varias xornadas de gozar compartindo versos e transmitindo emocións.
O 21 de marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA, comezou a nosa particular festa poética, unha actividade xa tradicional no noso centro, moi querida e valorada por todo o alumnado, cun longo percorrido que se iniciou hai xa oito anos. Despois de buscar, ler, seleccionar, memorizar e ensaiar concienzudamente, cada curso ofrece aos seus compañeir@s unha elaborada sesión de recitados. Cada día, durante a Hora de ler, acudimos á nosa cita poética no salón de actos e, cada día, saímos cunha doce sensación e co desexo de repetir esta agradable experiencia. O fío condutor deste ano foi o libro VERSOS DE NIÑOS DEL MUNDO, de Carlos Reviejo, do que se seleccionaron todos os poemas recitados en castelán. Para os recitados en lingua galega, cada curso escolleu os seus autores/as favoritos: Manuel María, Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro... Moitos PARABÉNS a todos os nenos e nenas que, una vez máis, nos engaiolaron coa súa ilusión, coa súa alegría e co seu bo facer. GRAZAS por achegarnos a beleza da POESÍA!!! O alumnado de QUINTO e SEXTO de E. Primaria inaugurou as xornadas de poesía ofrecendo unha orixinal posta en escena. Tamén nos fixeron partícipes da súa creatividade cuns fermosos HAIKUS:
Ao día seguinte tocoulles aos nenos e nenas de TERCEIRO e CUARTO de EP que recitaron magníficamente uns preciosos poemas:
O xoves encheron o escenario de gracia e simpatía os nen@s de PRIMEIRO e SEGUNDO de EP:
A espontaneidade e a tenrura dos mais peques foron o broche de ouro para esta actividade que nos proporciona tantas satisfaccións:
E, como non, grazas ao público polo seu entusiasmo e os seus aplausos:
Moitos bicos ratunos e ATA O ANO QUE VEN!!!
Podes ver máis fotos nas seguintes ligazóns: QUINTO E SEXTO - TERCEIRO E CUARTO - PRIMEIRO E SEGUNDO - E. INFANTIL

No hay comentarios:

Publicar un comentario