miércoles, 21 de junio de 2017

EQUIPO DE CUARTO EN ACCIÓN!!!

Por petición popular, ahí van las fotos del equipo de cuarto.
Tenéis más AQUÍ

miércoles, 7 de junio de 2017

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

O martes pasado, o alumnado de segundo de EP recibiu na nosa biblioteca a visita de Fran Alonso, autor do precioso libro de poemas O meu gato é un poeta. Foi un encontro moi agradable no que tod@s escoitaron engaiolados as palabras do escritor. Así relata a experiencia unha nena (clic para agrandar):
Efectivamente, tal e como nos conta Alba, Fran asinou moi amablemente todos os exemplares:
MOITAS GRAZAS, FRAN!!!
Podes ver máis fotos AQUÍ

viernes, 12 de mayo de 2017

FESTA DOS MAIOS 2017

Como cada ano no mes de maio, hoxe celebramos a chegada da primavera coa tradicional "Festa do Maio". Todos os nenos e nenas do centro contribúen á construción do maio vestindo con fiuncho, flores, cocas e outros elementos naturais unha armazón de madeira con forma de pirámide:
Como era de supoñer, unha alusión ao noso proxecto anual sobre Países e culturas coroaba o noso maio viaxeiro. QUEDOU XENIAL!!
Despois de dous días de traballo, reunímonos no ximnasio (a choiva non deu tregua!) para gozar cantando unhas coplas moi simpáticas e batendo cos nosos paus ao ritmo dos recitados. Unhas flores moi bonitas fixeron a presentación do que ía acontecer:
A continuación viñeron as coplas:
E cando xa pensabamos que o problema dos pokemon quedara solucionado no entroido, atopamos un Pikachu rebuldeiro agochado debaixo do maio!!! Estamos apañados!!! Teremos que seguir buscando polo mundo estes trasnos amarelos!!
Queremos dar as GRAZAS ás familias que quixeron acompañarnos neste día e a toda a comunidade educativa pola súa colaboración na achega dos materiais. E, por suposto, un agradecemento moi especial ao noso conserxe Alfonso e á nosa querida PROFE MARILUZ pola súa xenerosidade e pola súa impagable axuda.
Para ver máis fotos, clic nas seguintes ligazóns:

- ELABORACIÓN DO MAIO
- FESTA DOS MAIOS 2017

lunes, 8 de mayo de 2017

NOVA MENSAXE DE MIK!!!

QUE SORPRESA!!! A primeira hora da mañá o noso conserxe, Alfonso, colocou unhas preciosas caixas de correo nas portas das aulas. Que misterio!! Non sabiamos que pensar, pero, ao pouco tempo, o noso amiguiño MIK enviounos unha mensaxe!
Como vedes, xa temos traballo! Haberá que buscar nos xornais e recortar as noticias que falen de Carlos Casares, semellantes a estas que nos mandou MIK:
Pero..., ademais da mensaxe, dentro da caixa había unha carta nun sobre azul que levaba o debuxo dunha galiña tamén AZUL!! Que haberá dentro??? Cada curso deberá descubrilo e... INVESTIGAR!!! Que emoción! Este MIK é XENIAL!!

viernes, 5 de mayo de 2017

MISTERIO NOS PANEIS DA BIBLIOTECA

Durante os últimos días estiveron aparecendo misteriosas mensaxes nos paneis da biblioteca e quedamos moi intrigados cunha feituca e moi simpática GALIÑA AZUL!!! Que andaría argallando o noso amiguiño MIK??
Por fin, hoxe resolvemos o enigma: o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor CARLOS CASARES, autor de moitas obras dirixidas aos lectores máis novos como A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Lolo anda en bicicleta ou O can Rin e o lobo Crispín. Agora só temos que seguir lendo nos paneis para enterarnos de todas as cousas interesantes relacionadas coa súa historia ou coas súas historias. XENIAL!!!

DÍA DO LIBRO 2017

Así de precioso quedou o mural dos libros viaxeiros para poñer de relevancia o Día Mundial do Libro. Como vedes, a imaxinación e a orixinalidade, ademáis dos libros, foron protagonistas de todas as achegas do alumnado e as súas familias. Unha vez máis, GRAZAS pola vosa colaboración e complicidade.

lunes, 1 de mayo de 2017

TEATRO ESCOLAR: VISITAMOS O CEIP LOPE DE VEGA

Como sabedes, desde hai varios cursos participamos nas XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR patrocinadas polo Concello de Vigo e organizadas e coordinadas pola Escola Municipal de Teatro. Coa obra "Por culpa dun Pokemon", os nosos fantásticos actores e actrices acudiron ao Ceip Lope de Vega onde nos acolleron con moita ilusión e agarimo. Despois do espectáculo agasalláronnos cunha riquísima merendola. Moitísimas GRAZAS pola vosa acollida e polos vosos aplausos.
Para ver as fotos, clic AQUÍ